Eivas servizo dependenza

 

A Lei de dependenza supón o terceiro alicerce do mal chamado estado de benestar, constituíndo xunto coa sanidade e a educación as ferramentas fundamentais de cohesión social do noso Estado democrático de dereito.

 

Esquerda Unida denuncia eivas no servizo a dependenza desenvolvido na Coruña pola concesionaria Valoriza. Os usuarios están a alertarnos, cada vez con máis intensidade e contía, de deficiencias no devandito servizo, quéixanse de incumprimentos de horarios, e dicir de redución das horas establecidas, así como de cambios constantes do persoal de axuda a domicilio, aparecendo sen previo aviso e sen credenciais auxiliares distintos aos que teñen asignados.

 

Asemade os usuarios quéixanse da falta de profesionalidade no desenvolvemento do servizo, a causa de que a empresa está a contratar a persoal sen cualificación nin experiencia no trato con dependentes, actuado a concesionaria como si se tratase de un mero servizo de limpeza en domicilio cando os dependentes requiren de moitas máis actuacións, relacionadas coa mobilidade ou coas relacións psicoafectivas.

 

Debido a gravidade das queixas recibidas Esquerda Unida – Os Verdes está a facer un control sobre a calidade do servizo e invita a usuarios e familiares a contactar co noso grupo municipal para contar a súa experiencia. Coa intención de esclarecer a situación do medio milleiro de persoas usuarias deste servizo e, así, propoñer ao Goberno municipal as medidas correctoras necesarias para obrigar a concesionaria a desenvolver un servizo acorde coas cláusulas contratadas, ou do contrario rescindirlle o contrato.

 

César Santiso, indicou que “non podemos permitir que xoguen coa saúde dos nosos dependentes, neste punto non so debemos velar polo perfecto desenvolvemento do servizo, senón que temos que loitar pola excelencia do mesmo”.

 

Para Santiso esta nova eiva supón a demostración palpábel de que a externalización de servizos municipais non é rendíbel nin dende o punto de vista da economía do Concello, nin dende o punto de vista da calidade dos servizos a cidadanía desenvolvidos, pois as empresas privadas tan so buscan os beneficios económicos, como por outra parte é lóxico e lexítimo. “Valoriza, Céspa, Albada, Doal, Servisa ou Grupo Vendex son exemplos dalgunhas empresas concesionarias que o ben están a incumprir os seus contratos, o ben amosan deficiencias no desenvolvemento dos servizos contratados polo Concello, ou ben teñen constantes conflitos laborais. Xa está ben de que o Concello entregue os cartos dos coruñeses e coruñesas a empresas privadas que desenvolven uns servizos a cidadanía deficitarios e, aínda por riba, outorgan malas condicións de traballo aos seus cadros de persoal, que por certo son veciños e veciñas da bisbarra Coruñesa. Chegou o momento de replantexarse a remunicipalización dalgúns destes servizos”. 

Relacionados