Elaboración do censo de soares

 

Para Esquerda Unida semella necesario  proceder con celeridade a realizar este censo para pór en marcha de maneira eficaz unha iniciativa novedosa no urbanismo e necesaria na procura dun urbanismo sustentable e cunha función social, como resulta ser a ordenanza.

 

Yolanda Díaz salienta o valor de poder empregar esta ferramenta para derrotar os comportamentos especuladores que tanto danan o urbanismo da nosa cidade. A aprobación por parte de todos os Grupos desta ordenanza non se pode ver agora defraudada pola neglixencia de non poñela en marcha. Unha simple ollada basta para coñecer a necesidade e urxencia de dotármonos dese censo.

 

Aprobada no último tramo do anterior mandato municipal, a ordenanza de soares xorde dunha iniciativa de Esquerda Unida  que aposta por un urbanismo rehabilitador e belixerante diante das operacións especulativas que desgrazadamente existen tamén na nosa cidade.

 

Esquerda Unida insta pois ao Goberno Municipal a pór en marcha o rexistro de soares coa elaboración do censo de inmobles que requiren rehabilitación e dos soares onde hai o deber de edificar. A partires deste paso, estamos certos que o urbanismo en Ferrol e o conxunto da cidadanía vai gañar con esta norma en funcionamento.

Relacionados