Elección do novo Consello Local

A afiliación de Esquerda Unida na Coruña, nunha numerosa asemblea, elixiu con tan só dúas abstencións o novo Consello Político Local que á súa vez proclamou a Alberto Vilariño como novo coordinador local. O resultado da elección do novo CPL ven a demostrar o alto grado de cohesión interna existente en EU e a confianza que deposita a militancia na nova dirección local conxuga cargos públicos como o coordinador comarcal César Santiso, con expertos cadros políticos como Alberto Vilariño, Elena González, Ramiro Santalices ou Argimiro Doce, con novos cadros emerxentes como as mozas Silvia Cameán e Eva R., o coordinador da área de mocidade Miguel Picado ou o mesmo secretario do PCG na Coruña, Fran Novoa, con cadros do mundo sindical como José Luís Burón (ex-secretario xeral do sindicato comarcal da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO), con cadros do mundo da cooperación solidaria como Laura Del Río (ex-responsable de finanzas da Coordinadora Galega de ONG) ou con recoñecidos activistas do tecido social coruñés como Iván Louzán (Stop Desafiuzamentos, Amnistía Internacional, 15M). A meirande parte dos membros deste CPL participan do órgano de dirección comarcal, incluso algúns como Elena González, Ramiro Santalices, Silvia Cameán e César Santiso son membros do máximo órgano de dirección de Esquerda Unida, o CPN.

Así pois, Esquerda Unida dótase dun novo órgano de dirección local para asumir con garantías o reto da posible gobernanza na Coruña. Un CPL que ten a misión de dar resposta á confianza que a cidadanía está a depositar na nosa organización como claro expoñente da esquerda real, así como de pilotar o proceso de construción dun bloque político e social alternativo que sexa quen de devolver a cidadanía a esperanza na política como ferramenta para resolver os graves problemas que está a sufrir a maioría social por mor das políticas do PP agora e do PSOE antes, na procura de conquistar o pazo de María Pita para devolvelo aos coruñeses e coruñesas logo de anos da usurpación da casa do pobo por parte do bipartidismo.

O coordinador comarcal de EU e voceiro do grupo municipal na Coruña, César Santiso, salientou que “este novo consello local será o espaladarzo definitivo para liderar a transformación política e social na nosa cidade, apuntalando o noso grande traballo institucional e na rúa”.

Relacionados