Elevador San Pedro

Vivimos tempos de crise, austeridade e recortes. Os nosos gobernantes din que hai que apertarse o cinto, máis os poderes públicos seguen a xestionar alegremente os nosos cartos, incapaces de modificar a inercia do malgasto, dinámica que podemos  Coruña.

Esquerda unida denuncia que o goberno municipal manterá o elevador de San Pedro apesares de resultar un servizo ruinoso. Apesares de que a conta de explotación do miradoiro e do elevador de San Pedro alcanzou un déficit de 369.340,58 € no ano 2011, a Xunta de goberno municipal ven de aprobar a prorroga do contrato de mantemento, conservación e seguridade de funcionamento do elevador panorámico. Custe que se incrementa para este ano en 4.229,27 logo do incremento do IPC segundo figura en contrato até acadar a cantidade total de 240.501,38 €.

Os custos de xestión e mantemento destes servizos, incluíndo un 19% extra que se lle abona a concesionaria en concepto de gastos xerais (13%) e beneficio industrial (6%) segundo figura en contrato, ascenden a 465.555,42 €. Mentres que os ingresos tan so chegan a 96.214,83 €.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o concello desaproveita unha oportunidade para incrementar os cartos en emerxencia social e reducir as tarifas das Escolas Infantís ás familias traballadoras coruñesas con menos recursos económicos. Efectivamente, o contrato de mantemento remataba o 1 de abril e en lugar de cancelalo, que non suporía custe algún para o concello, o PP decide prorrogalo por un ano, apesares de que en xullo de 2012 xa tiñamos denunciado as perdas dun cuarto de millón de euros anuais.

Segundo cálculos estimativos cada usuario cústalle aos coruñeses e coruñesas máis de 11 €. Cantidade que de seguro non ten o seu retorno económico na actividade produtiva local porque, segundo un calculo aproximado en relación aos prezos públicos fixados na ordenanza 43, 3 € por uso do elevador e 2 € polo miradoiro, utilizan o elevador cerca de 23.500 usuarios, mentres que o miradoiro uns 8.500, o que significa unha media de 66 visitantes diarios 64 no elevador e 2 no miradoiro.

Asemade a miopía dos nosos gobernantes impediu xerar un polo de actividade comercial ao redor destas atraccións turísticas, situación que impide rendabilizalas, máis ben todo o contrario porque o visitante que se achega até alí pasa practicamente medio día fora da oferta consumista coruñesa, é dicir en lugar de incentivar o consumo dos turistas estas atraccións o desincentivan e aínda por riba cun elevado custe para as arcas coruñesas.

César Santiso indicou que “dubido do atractivo turístico do miradoiro e elevador de San Pedro, mais acredito que non supón retorno económico salientable. Esta foi  outro delirio de grandeza de paco vázquez que agora mantén negreira. Deus os fai e eles xúntanse”. Non cabe dúbida de que hai que apostar por máis e mellores servizos á cidadanía para cubrir todas as necesidades esencias da poboación, pero cando existe escaseza orzamentaria semella fundamental definir prioridades, o miradoiro e o elevador de San Pedro máis que servizos a cidadanía poderían definirse como caprichos dun exalcalde que tiña moitas miras de grandeza.

Relacionados