Eliminación da peaxe AP-53

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda a través dos seus deputados Juan Manuel Fajardo Recouso e David Fernandez Calviño, presentaron unha interpelación referida o traspaso da titularidade da autoestrada AP-53 Santiago-Lalín, e gratuidade da mesma.

Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda destacan que son coñecidos por todos os numerosos compromisos, e acordos da Cámara do Parlamento para acadar a titularidade da autoestrada AP-53, así como a redución do custe para os usuarios da mesma, compromisos que incluso o Partido Popular, levaba no seu programa electoral, e reivindicaba en cada acto na comarca do Deza, pese a todo a realidade é que a AP-53 é a día de hoxe unha das vías máis caras do estado, e os compromisos están esquecidos nos despachos dos mandatarios do PP.

O custe do traxecto Santiago Lalín, 5,65€, ou o imposible prezo do tramo Silleda Lalín 2,30€ por 8 quilómetros, fan que o uso deste itinerario para os veciños do Deza , se teña convertido nun luxo inasumible para as familias e empresas da Comarca, situación que se agrava ante a falla de alternativas de transporte , debido a inexistencia dunha rede áxil de transporte público, ou as case inexistentes comunicación ferroviarias entre a Comarca e Santiago de Compostela, sobre todo cando os veciños da comarca deben trasladarse  a outros puntos de Galicia, para a meirande parte das xestións públicas, ou o acceso os seus hospitais de Referencia, todos eles fora da propia Comarca. Non podemos esquecer que o desemprego está a afectar de forma moi significativa o Deza cun total de 5971, desempregados rexistrados en Novembro do 2012.

Parece polo tanto imprescindible para a recuperación e o alivio económico da comarca, reivindicar e recuperar a titularidade desta infraestructura para logo liberalizar a peaxe da AP-53, así como xestionar co Goberno central, namentres non se elimine esta peaxe, a introdución de Bonificacións no uso da AP-53, en varios ámbitos:

· Bonificación para o uso habitual, Bonificacións por ocupación de vehículos

· Bonificacións por utilización de  vehículos eléctricos ou mixtos

· Bonificacións para os usuarios que utilicen a AP-53 para acudir o seu posto de Traballo

· Bonificacións para persoas con menos ingresos….

Debemos recordar a importancia desta situación para unha comarca cunha poboación de 44.355 habitantes é un censo de vehículos de máis 33.200 vehículos dos cales case 24.500 con automóbiles privados.

Por isto, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta interpelación ao fin de coñecer:

1.- ¿En qué situación se atopa a xestión para o traspaso da titularidade da AP53?.

2.- ¿Ten previsto o goberno galego eliminar ou reducir  a peaxe da AP-53, como figura en numerosos compromisos verbais e escritos?

3.- ¿Qué tipo de negociacións ten previsto realizar o goberno Galego, para namentres non se elimine a peaxe, introducir bonificacións  para os usuarios, en base a criterios de Renda, ocupación de vehículo, redución de emisións ou utilización da AP-53 para acceso os postos de Traballo?

Relacionados