A nosa organización lembra a secuencia de mobilizacións e protestas desenvolvidas pola plantilla para superar os obstáculos postos pola empresa, namentras a desidia caracteriza a non labor do Goberno Municipal.
A nosa organización quere reclamar do Goberno Municipal que cambie a súa actitude de connivencia obxectiva coa empresa concesionaria. O silencio cómplice do Goberno somentes axuda á empresa a ignorar as xustas demandas laborais da plantilla de traballadores e traballadoras.
A empresa ten unha concesión dun servizo público e, xa que logo, o Goberno Municipal non se pode converter nun convidado de pedra nunha situación de conflito que para Esquerda Unida non ten dúbida algunha: derívase e prodúcese pola intransixencia da empresa.
Esquerda Unida quere propoñer unha saída racional e ao longo prazo: a remunicipalización de EMAFESA estamos certos que vai permitir dar unha saída social, económica e sustentable a xestión da auga na cidade. Unha prestación de servizo con estas características vai supor unha notable millora da calidade deste servizo público.
A nosa organización continúa no entanto a campaña social pola Iniciativa Popular para acadar as 6.000 sinaturas das veciñas e veciños de Ferrol. Número suficiente para presentar esta Iniciativa Popular a prol da remunicipalización do servizo da auga o do saneamento na nosa cidade. Estamos certos que a resposta cidadá, que nos está a acompañar en todas e cada unha das mesas postas nestes días, vai ser determinante para acadar un obxectivo que fará do futuro servizo de augas un elemento anovador e cunha presenza tamén da representación veciñal nos órganos de toma de decisións.
Esquerda Unida vai situar mesas de recollida de sinaturas este vindeiro domingo, día 15 de abril de 2011, a partires das 11:00 horas da mañá na feira de Ferrol para continuar a sumar e artellar vontades para recuperar para o servizo público o que non día de hoxe ten demasiado de negocio para uns poucos.
A participación cidadá, outra política de prezos e un compromiso de reinvestir os beneficios nas novas canalizacións e saneamento da cidade son elementos que unha empresa pública de augas vai coidar por enrriba de calquera outra consideración, en particular a do beneficio empresarial privado.