Emendas aos orzamentos do Estado

 

Entre outras eivas orzamentarias, destacaba a redución orzamental para planes estratéxicos como a terceira rolda co grave prexuízo que elo supón a conexión da Coruña coa súa bisbarra ou a eliminación dos fondos para a rexeneración integral da ría do Burgo dos que o propio Goberno daba crédito no verán en resposta a unha inerpelación parlamentaria presentada por Esquerda Unida.

 

Diante dista situación o Consello Comarcal de EU Coruña, para resolver as eivas orzamentais, desenvolveu emendas que presentou o Grupo Parlamentario de Izquierda Unida. Unha delas consistía en recuperar a partida para a rexeneración integral da ría do Burgo, polo que EU congratúlase de que o Goberno recapacitase e recuperase o fondo orzamental.

 

Outras das emendas, dous concretamente, incidían na necesidade de incrementar os fondos para o desenvolvemento da terceira rolda por un importe total de 41,17 millóns de euros. Así, solicitábase que se duplicasen os fondos para o enlace entre Lonzas e A Zapateira, e dicir, un incremento de 8,6 millóns e o remate do tramo A Zapateira-A6 que suporía un investimento adicional de 8,36 millón de euros.

 

Con todo, o acordo acadado entre PSOE e BNG supón un incremento de tan so 6 millóns de euros sobre o orzamentado inicial, para facer un montante total de 30,21 millóns, asemade da constatación que o tramo A Zapateira-A6 se atrasa a lo menos un ano, xa que logo, Esquerda Unida lamenta que o aumento acadado para a terceira rolda non sexa suficiente para evitar atrasos na súa finalización nunha cidade que se atopa estrangulada comunicativamente coa súa bisbarra.

 

Aínda que o consello comarcal de EU saúda o incremento do investimento para A Coruña nos orzamentos xerais do Estado, o considera insuficiente para solventar o déficit orzamental contraído polo Goberno do PSOE coa nosa cidade.

Relacionados