Emprazamento da Batea

 

 

Unha operación que concita o rexeitamento tanto das entidades ecoloxistas, caso de ADEGA, canto dos propios traballadores e traballadoras do sector.

 

Como ben sinala a alegación da entidade ecoloxista galega (que a nosa organización agradece e comparte) a instalación  adoece dos estudos científicos acreditados  que avalíen o impacto e formulen alternativas,  que analicen a efectividade desta instalación así como as consecuencias que ten para o ecosistema mariño e áreas protexidas, porque hai que lembrar que esta instalación se formula nun espazo da Rede Natura 2000 e LIC Costa Ártabra.

 

Unha vez máis as presas e o deseinterese levan a ignorar a lexislación sobre impacto ambiental (Lei 6/2010 de 24 de marzo), que impón a obriga de someter a unha avaliación  de impacto ambiental aqueles proxectos públicos o privados que poidan afectar directa ou indirectamente aos espazos da Rede Natura. Porque nos atopamos cun sistema de descontaminación nun espazo protexidos, o mundo do revés.

 

 “Non se coida a ría nen aos seus traballadores e traballadoras, que van ter que aturar un sistema de descontaminación nun espazo protexido”,  denuncia Yolanda Díaz.

 

 O que cómpre facer é cumprir e acelerar os prazos para sanear a ría e atender desta maneira ás directivas europeas que así o estabelecen. O demais é matar o tempo matando unha ben clave para Ferrolterra, dunha riqueza natural extraordinaria e o emprego asociado a esta na nosa ría. No canto do emprazamento escollido pola Consellaría hai que buscar alternativas e actuar co meirande respecto ao medio natural.

Relacionados