e que se intensifica entre os menores de 20 anos (66% de desemprego).
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes considera fundamental que o goberno local desenvolva un plan integral de emprego para a mocidade que vaia máis aló das meras accións formativas. Só na nosa cidade, atopámonos a día de hoxe con máis de 3300 mozos e mozas menores de 30 anos na procura de emprego segundo os datos da EPA. Ante a situación de emerxencia actual, resulta sorprendente a total inmobilidade do goberno local en materia de promoción do emprego e a absoluta falta de transparencia na súa xestión ante a principal preocupación da cidadanía. Atopámonos, por unha banda, cunha ferramenta básica de comunicación como a páxina web da Área de Emprego e Empresa do Concello baleira de contidos de relevancia, con ausencia de información sobre a taxa de desemprego no Concello distribuída por grupos de idade, cunha media de apenas 5 ofertas de traballo ou a completa desinformación sobre políticas e programas concretos enfocados a mellorar os datos de emprego da mocidade coruñesa tanto actuais como no pasado 2013. Por outra banda, a páxina web adicada á mocidade limítase, en relación a este tema (no menos malo dos casos) ao anuncio de bolsas que, maioritariamente, cubren en condicións precarias postos de traballo en empresas privadas.
O fracaso dos plans formativos como única política de fomento do emprego atopámolo en que máis da metade dos emprendedores que abriron un negocio nos mercados coruñeses tras recibir formación do Concello, tiveron que pechar en menos dun ano.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a mocidade ou emigra ou queda na casa sen emprego, os poderes públicos deben actuar axiña, porque non podemos permitirnos o luxo de desaproveitar a xeración mellor formada da nosa historia”. Aos alarmantes datos de desemprego na mocidade, hai que engadir que as cifras actuais de desemprego encóntranse claramente desvirtuadas por mor do gran número de mozos e mozas que, desesperados, vense abocados ó exilio económico (máis de 65.000 abandonaron Galicia dende o 2007) ou desisten da procura activa emprego para seguir ampliando a súa formación con novas titulacións, o que significa a súa eliminación das cifras oficiais, pero non representa unha solución ó problema.
Diante situación, Esquerda Unida propón que o concello estableza cotas mínimas de contratación de menores de 30 anos nas concesións de servizos. unha iniciativa a prol de creación de emprego para a mocidade que levará ao vindeiro pleno