Empresas porto exterior

Esquerda Unida responsabiliza da reticencia das empresas a instalarse en Langosteira ás políticas economicidas do PP. Así a instalación da petroleira mexicana Pemex sufrirá canda menos un atraso de dous anos, establecendo a posible data para o 2016-2017, mentres que a empresa chinesa Beijing 3E paraliza a súa intención de instalar unha planta de xeración de enerxía en base ao reciclaxe de aceites cun investimento duns 270 millóns de euros, unha paralizazación que pode acabar incluso en descarte definitivo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o motivo fundamental das decisións de Pemex e Bejing 3 E é a falta de investimento para as conexións terrestres do porto exterior. Efectivamente o nulo investimento do goberno de Rajoy na comunicación terrestre, por estrada e ferrocarril, do porto exterior que se reflicte nos Orzamentos Xerais do Estado, impiden que esta poda estar dispoñible como mínimo até o ano 2016. Curiosamente esa é a data que establece PEMEX como futurible nas mellores condicións.

Asemade as empresas non obvian que as achegas ao porto exterior sufren unha grave desaceleración, o PP recortou nun terzo do investimento do 2011 pasando de 75,6 millóns aos 27,3 millóns actuais.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”as empresas non se instalaran no porto exterior até que todas as infraestruturas estean dispoñibles. Agora comprobamos o dano que fixeron os presupostos xerais do estado, aplaudidos polo goberno municipal”.

César Santiso salientou que “unha vez máis o goberno municipal pon por diante os intereses partidistas aos da cidadanía, a pouca firmeza do alcalde trae nefastas consecuencias aos coruñeses e coruñesas. En lugar de loitar porque se incrementasen os investimentos para o porto exterior, preferiu publicitalos como bos para quedar ben diante do seu xefe, Rajoy, agora todos nos lamentamos”.

Relacionados