🎥 En Común Unidas Podemos fai un chamamento á participación para conseguir un Goberno de esquerda

Os candidatos e candidatas de En Común Unidas Podemos depositaron este domingo o seu voto e dixeron un chamado para unha alta participación. “Hoxe é un día moi importante. Fago un chamado para que a xente nova, para que as mulleres, para que todo o mundo vaia votar”, incidiu Yolanda Díaz despois de depositar o seu voto. A candidata de Lugo, Vanessa Somoza, pediu que as urnas hoxe falen “alto e claro” contra a extrema dereita e lembrou que hoxe é o día en que o voto vale o mesmo para todos, “tanto para un obreiro como para un poderoso”.

Antón Gómez-Reino fixo un chamamento “a saír a votar”. “As forzas que defenden os dereitos e as liberdades teñen que ter un bo resultado”, sinalou o candidato. O candidato por Ourense, David Bruzos, lembrou a importancia de participar, porque “todo o que non elixamos nós, van elexilo por nós”. “No caso de Ourense estamos moi cerca de volver sacar representación como en 2015 e rachar co bipartidismo”, incidiu.

Non perdas o spot de campaña en:

Relacionados