En defensa da Sanidade Pública

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda representantes da Plataforma SOS Sanidade Pública reuníronse esta tarde cos membros dos tres Grupos Parlamentarios na oposición para establecer canles de colaboración para entre todos loitar por manter a sanidade pública contra os constantes ataques do Partido Popular e as súas políticas agresoras.

Entre as reivindicacións sinaladas desde a Plataforma destacaron que se retome a ILP e que se suprima a lei de garantías a que califican de “lei trampa”. Así mesmo presentaron un total de dezaseis propostas en temas importantes relacionados coa sanidade e co obxetivo de evitar a degradación e a privatizacións sa sanidade públicar. Os representantes sanitarios suliñaron ademáis a necesidade de informar a toda a cidadanía do que significa realmente a libre elección de hospital xa que aseguran o que fai e favorecer a libre competencia e polo tanto ao sector privado.

No encontro salientouse a necesidade de recuperar a capacidade orzamentaria na sanidade pública así como mellorar o plan de atención privada agora mesmo paralizado. Os representantes da Plataforma puxeron especial atención na zona sur do país que aseguran é a máis afectada na actualidade e onde a situación da sanidade pública está a sufrir dun xeito máis evidente.

Todos os asistentes ao encontro coincidiron en destacar a importancia de manter o diálogo permanente entre todos eles sobre todo no sentido que a información non quede no Parlamento senón que chegue a cidadanía para entre todos loitar contra a política sanitaria de Feijoo que supón un grave risco para o sistema do benestar e a sanidade pública.

 

Relacionados