Recortes no FEVE

 

A xuntanza busca coñecer pormenorizadamente o golpe que o goberno quere asestarlle ao ferrocarril de vía estreita, ao punto de pechar preto do 40% dos  servizos que se prestan nesta modalidade ferroviaria en cercanías e un 25% nos servizos de ámbito rexional.

Ambas delegacións achegaron puntos de vista e a necesidade compartida de defender o servizo público con xestión directa estatal  do ferrocarril, nun intre onde o goberno, obediente os especuladores capitalistas, busca segregar e privatizar o servizo de ferrocarrís, logo de aprobar o RD-Lei 22/2012, que constitúe varias  sociedades mercantís no canto da entidade pública empresarial RENFE, as cales poderán ceder infraestruturas públicas a operadores privados: eles gañan sen apenas achegar un peso e poñendo os investimentos a cidadanía.

Os ataques van castigar a nosa cidadanía e o fan de xeito prexuízoso, porque se eliminan liñas que si teñen demanda malia a falla de investimentos e promoción que deste servizo público fai o gobernó do PP. En horario de mañán se eliminan as conexións entre Ferrol e Xuvia, facendo imposible un servizo de cercanías; ou se elimina a conexión con San Sadurniño, empregada polo estudantado a última hora da mañán ( 14:20 horas ); así como a desaparición dos rexionais en ambos sentidos que comunican Oviedo e Ferrol. Se quere desmantelar un servizo público, que si ten demanda asemade de rendir un servizo de interese público, concepto alleo ao destroyers neoliberais do PP.

Esquerda Unida defende a potenciación do transporte público colectivo, onde o tren ocupa un lugar relevante, como método de vertebración nacional, cohesión social e mellora do noso nivel de sustentabilidade. Despois da aprobación do RDL 22/2012 no referente a materia de infraestruturas e servizos ferroviarios, e escudándose na precaria situación económica, procédese a un novo recorte, esta vez no sector ferroviario, xustificando que a situación económica esixe a máxima eficiencia na xestión dos servizos públicos. O transporte, ao igual que a sanidade e a educación, é preciso que estea a servizo da cidadanía e non ao servizo do beneficio privado.

Yolanda Díaz anunciou a determinación de EU de levar adiante nas rúas coa sociedade e a plantilla de traballadoras e traballadores  e tamén no Congreso unha loita sen descanso para derrotar esta agresión. Nos vindeiros días EU avanzará unha proposta de traballo no Congreso na defensa deste servizo público. EU preguntará no Congreso como se van pechar liñas con demanda efectiva.

EU empraza ao alcalde de Ferrol a defender os intereses da súa veciñanza e o mantemento deste servizo público no canto de calar obediente a este novo ataque aos nosos servizos públicos.

 

 

 

 

Relacionados