En Marea celebra a primeira xuntanza de traballo como futuro grupo parlamentario en Compostela

Hoxe celebrouse a primeira xuntanza das deputadas e deputados electos de En Marea co obxectivo de deseñar as prioridades do futuro grupo parlamentario que, tal e como sinalou Villares, “levará o traballo institucional resultado do traballo na rúa”. Despois da traxectoria de AGE e a participación nos procesos de mareas, En Marea é agora a nova encargada de recoller esta labor e continuala dende o novo grupo parlamentario.

Segundo as declaracións de Villares, “esta primeira reunión do grupo parlamentario pretende ser unha toma de contacto, ver os puntos fortes e o percorrido do traballo institucional e a aproximación ao traballo de rúa que queremos facer co obxectivo de chegar a todos os sectores e ámbitos tendo claro que En Marea naceu ao servizo da cidadanía do común e para estar en permanente contacto coa xente”, sinalou.

Relacionados