O grupo parlamentario esixe responsabilidades políticas na Consellaría de Educación polo acontecido.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013.- A Fiscalía Provincial da Coruña abrirá dilixencias polos casos de enchufismo na escola da Rabadeira, en Oleiros. A Consellería de Educación repescara a un alumno no comedor do centro malia que fora excluído por presentar a solicitude para este curso fóra de prazo –como excluídos foran outros 13 cativos. Pero Educación admitiu a trámite o recurso da familia do neno, co que provocou a dimisión do equipo directivo e mais do consello escolar do centro. Os proxenitores do alumno admitido fóra de prazo son altos cargos do Sergas e mais da Consellaría de Traballo.
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou no seu día unha iniciativa parlamentaria que denunciaba os feitos. Agora esixe responsabilidades políticas polo acontecido.