Encontro co mundo sindical

A executiva nacional de Esquerda Unida considera importante establecer unha estratexia política e sindical para crear unha fronte de contención das políticas regresivas e de austeridade do capital. Con motivo da celebración da Asemblea nacional que se desenvolve nun escenario de cambio, Esquerda Unida presenta a súa proposta anticapitalista ao mundo sindical na súa expresión multipolar e plural, considerando que máis que nunca a situación esixe a unión e a loita conxunta para afrontar o acoso ao que a clase traballadora está sendo sometida.

Yolanda Díaz, coordinadora e deputada de Esquerda Unida manifesta que “é o momento oportuno para escoitar e converxer co sindicalismo de clase”. É preciso abrir o debate para entre todas e todos acadar o xeito de rachar con este sistema inxusto e antisocial.

Abrirase este encontro sindical coas intervencións das seguintes persoas:

Rubén Pérez (coordinador de EU de Vigo)

Suso Díaz (ex-secretario xeral de CCOO Galicia)

Juan Fajardo (deputado de EU)

Yolanda Díaz (coordinadora de EU)

 

Relacionados