Enerxías renovables

César Santiso falou nesta ocasión dun novo alicerce para a recuperación económica, o enerxético, logo da presentación en anteriores citas dos dous primeiros o Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) para reactivar ao degradado tecido produtivo local, e a promoción de cooperativas agrarias de desempregados para recuperar unha activade primaria esquecida, que inexorablemente temos que retomar.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes aposta pola creación dunha Empresa Municipal de Enerxías Renovables que autoabastezca aos servizos municipais e promova a autoprodución de enerxías alternativas entre a veciñanza democratizado a enerxía e evitando o abuso das eléctricas, grandes empresas multinacionais que apesares de obter enormes beneficios non paran de incrementar a tarifa eléctrica afogando as familias traballadoras e a empresas que xa se atopan nunha situación límite como demostra a degradación do noso tecido produtivo. A devandita empresa podería ser un Ente autóctono o ser unha división de EMVSA que tamén se encargaría de promover a eficiencia enerxética entre veciñanza e empresas mediante asesoramento, formación e divulgación do aforro enerxético a través dunha Oficina Municipal Contra o Cambio Climático e a Transición Enerxética encargada de coordinar e avaliar aos entes municipais involucrados e de difundir e concienciar a cidadanía ante a crise medioambiental e enerxética, porque non cabe dúbida que con estas medidas asemade de reactivar a economía local, serviría de importante pulo a loita contra o cambio climático.

Esquerda Unida propón que o concello lidere o clúster tecnolóxico de enerxías renovables na bisbarra coruñesa coordinando nun plan común as diversas iniciativas públicas e privadas para explotar fontes enerxéticas alternativas das que temos grande riqueza infrautilizada como a eólica, a maremotriz baseada na capacidade de aproveitar a forza do vento en mar a dentro e a biomasa, fonte enerxética para calefacción en continuo crecemento debido ao seu baixo prezo en comparación cos derivados do petróleo como o gasóleo ou incluso o gas e a propia electricidade, xa que na nosa bisbarra temos grande riqueza de biomasa que podería extraerse dos refugallos resultantes da limpeza e mantemento dos nosos montes e bosques, unha activade secundaria que poderían desenvolver as cooperativas agrarias de desempregados, medida que presentamos no anterior luns didáctico o que ven a demostrar a ligazón e coherencia entre as nosas propostas.

César Santiso, indicou que “a crise enerxética estase a visualizar nos escandalosos prezos da enerxía debido ao cumio do petróleo e a avaricia das eléctricas, polo que os poderes públicos deben pular por recuperar un sector estratéxico fundamental para o benestar social e a actividade produtiva. Porque atopámonos nun momento onde a demanda mundial de petróleo empeza a superar a capacidade de produción, e nun sistema capitalista que se rexe baixo a Lei da Oferta e a Demanda os prezos da enerxía seguiran incrementándose até o punto de ser un factor de custe fundamental, xa que logo, se somos quen de avanzar na autosuficiencia enerxética da bisbarra con renovábeis conseguiremos que as nosas empresas poidan vender produtos a menor prezo, incrementando así a súa competitividade o que permitirá que xeren emprego.

Santiso subliñou que “con estas iniciativas estamos a demostrar, tanto á veciñanza como ao goberno municipal, que hai múltiples opcións para reactivar a economía e cambiar o modelo produtivo local, algo que o goberno municipal descoñece como amosa a súa inacción ao fronte do concello e mesmo recoñeceu en sesión plenaria o voceiro do PP, negando a capacidade de cambiar o modelo produtivo dende o eido do local. O que demostra a incoherencia do PP pois o alcalde ven de declarar que cree o municipalismo será clave para saíres da crise. Mais como imos a saír da crise dende o municipalismo si se descoñece a capacidade para cambiar o modelo produtivo dende o eido do local e non se desenvolven accións tendentes a reactivar a economía?”

Relacionados