Enmendas aos orzamentos estatais

A Esquerda Plural, ao obxecto de tentar mellorar a sorte de distintos proxectos estratéxicos para a nosa cidade.

Esquerda Unida, que xa fixo unha valoración moi negativa do que supón o actual proxecto de orzamentos do Estado no que atinxe a Ferrol,  quere con este traballo propositivo  pór en evidencia as mentiras do PP, que alén de declarar que Galicia ou Ferrol son o primeiro delátase cando deixa sen partida económica ou con  ridículas cantidades aspectos esenciais que Ferrol e a súa cidadanía precisan: caso do dique flotante para o estaleiro público de Navantia, as conexións ferroviarias co eixe atlántico e co Porto Exterior, os diferentes elementos pendentes para facer realidade o saneamento integral da nosa ría  ou o comezo da rehabilitación integral de Recimil, así como as cantidades adicadas a fomentar o desenvolvemento e diversificación industriais da nosa terra.

Suso Basterrechea, ccordinador local de EU, afirma a belixerancia de Esquerda Unida na procura de diversos investimentos produtivos para a nosa cidade, que nas diversas emendas importan preto de 210 millóns de euros.

Esquerda Unida lembra que a meirande parte das demandas son as mesmas que ano tras ano se suceden como asignaturas pendentes para a nosa cidade a causa da falla de compromiso dos gobernos do Estado, antes Zapatero e agora Rajoy.

Relacionados