Aspectos centrais do traballo da formación política de esquerdas e ecoloxista son o saneamento, o sector naval, o ferrocarril e a conexión co porto exterior, asemade da vivenda e a rehabilitación, ámbitos nodais do desenvolvemento de Ferrol e que o proxecto gubernamental deixa sen consignacións orzamentarias ou con partidas testemuñais, que non serven para atender ás necesidades reais da nosa cidade.
EU vai desenvolver o traballo parlamentar de emenda e fará da consecución destas axudas públicas un elemento definitorio do noso apoio á proposta de orzamentos xerais do Estado.
As emendas do Grupo Parlamentar de EU supoñen tanto un elemento necesario para o futuro da nosa cidade canto un estímulo económico necesario para producir a dinamización económica sustentable e xa que logo un reforzo nas políticas sustentables de creación de emprego.
Neste proceso de elaboración de propostas para Ferrol, EU acentuará o traballo de relación co tecido asociativo da cidade encol de completar o abano de propostas para Ferrol e a súa cidadanía.