Enrique Santiago, Eva Solla e Christian Camargo falan sobre o proceso de paz en Colombia

Esquerda Unida Coruña organiza mañá xoves 22 de decembro, a partir das 19:30 horas na Fundación ONCE (Rúa Cantón, 3), a charla que leva por título “Colombia: Paz con Xustiza Social” que versará sobre o proceso de paz en Colombia entre o Goberno e as FARC.

Para falar deste complexo asunto contaremos con Enrique Santiago, asesor xurídico das FARC dende o inicio das conversacións de Paz na Habana, en 2013, avogado especializado en dereitos humanos, membro da coordinadora de Izquierda Unida e responsable da Comisión de Política Internacional do PCE. Tamén estará na mesa Christhian Camargo, responsable en España da Xuventude Comunista Colombiana (JUCO), e Eva Solla, deputada e vicepresidenta segunda no Parlamento por En Marea, membro da dirección de EU e secretaria xeral do PCG.

Os retos aos que se enfronta a sociedade colombiana tras a firma do texto definitivo de paz o pasado 24 de novembro son múltiples e serán a materia de debate nesta mesa aberta. O acto rematará con preguntas do público a micro aberto.

“Colombia: Paz con Xustiza Social”

Hora: 19:30 horas.

Data: Xoves, 22 de decembro.

Lugar: Fundación ONCE (Rúa Cantón, 3). A Coruña.

 

 

Relacionados