Ensino infantíl

 

Un curso escolar máis a Xunta non atende en condicións debidas a demanda de ensino infantil público, producindo trastornos e menoscabando un dereito recoñecido nas leis. Os datos que xa se fan públicos evidencian a deixación da Xunta ante unha necesidade pública básica.

 

Esquerda Unida estima necesario que o Consello Municipal aborde tamén dunha banda as problemáticas ( eivas e carencias) que ten a comunidade educativa de Ferrol cando se aveciña a matrícula do curso vindeiro, e doutra banda e diante da sistemática de recortes orzamentarios no ensino público semella necesario un pronunciamento firme da comunidade educativa en contra deste ataque que compromete un dereito esencial amparado pola Constitución e o Estatuto. Pronunciamento que logo o Goberno Municipal terá que defender e facer valer diante dos seus mandamáis da Xunta.

 

A problemática dos comedores escolares vaise repetir cando a Xunta do PP amósase en rebeldía co decreto de comedores escolares que prevé a asunción deste servizo – básico para exercer o dereito á educación cando pais e mais traballan – na modalidade de xestión directa da Xunta.  Ferrol, a súa cidadanía ten dereito a que o goberno galego asuma este servizo. O demandaba o PP cando gobernou na Xunta o bipartito, a dignidade debería levarlles a manter esa demanda con firmeza.

 

EU quere aproveitar para amosar a  súa solidariedade co peche do profesorado que hoxe se realiza nun dos centros públicos de cada cidade galega para denunciar uns recortes que mancan o ensino pero nos firen a todas e todos como sociedade.  Peche que expresa o rexeitamento a unha política de dereitas que esnaquiza de cote o sistema público de educación. Peches que anuncian unha folga no ensino público para o vindeiro día 22 de maio que a nosa organización apoia e comparte.

Relacionados