Enterremos esta democracia

O ENTERRO DA DEMOCRACIA

“O paro e a corrupción asasinan esta democracia”

Esquerda Unida convoca para mañá venres 15 de febreiro ás 12h na praza do Toural en Compostela, unha escenificación do enterro desta democracia.

querda Unida denuncia que as políticas levadas a cabo polo PP, provocan paro e corrupción, os cales están a asolagar non só a capital do país, senón tamén outras localidades de Galicia. A  continua imputación e detención de cargos públicos sen ningunha dimisión, manifesta a decrepitude e o apodrecemento desta democracia.

Entre outros participantes, estarán presentes os deputados de Esquerda Unida no Parlamento de Galicia: Yolanda Díaz, Juan Fajardo, Xabier Ron, Eva Solla e Ramón Vázquez.

Farase unha recollida de propostas que a cidadanía considere oportuno plantexar no debate de Estado da Nación. #ARajoyLeDiría

 


 

Relacionados