Equilibrio económico

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón o fomento da reactivación económica e o cambio do modelo produtivo nas súas alegacións ás ordenanzas fiscais, por iso aposta por bonificar no IAE aos novos emprendedores e as empresas que invistan en eficiencia enerxética e noutros impostos como o IBI, IVTM ou ICIO.

 

Non cabe dúbida que as bonificacións propostas supón unha redución na recadación do Concello, xa que logo, Esquerda Unida propón incrementar os impostos ás grandes empresas con beneficios como a refinería para equilibrar as contas municipais. Así entre outro tipo de medidas proponse modificar o artigo 2.3 da ordenanza para incrementar o tipo de gravame do IBI do 1,1 ao 1,3 % para os Bens e Inmobles de Características Especiais destinados á produción de enerxía eléctrica, gas, refinado de petróleo e centrais nucleares, segundo ten previsto o artigo 72.2 da LRFL. En definitiva trátase de incrementar a cargar fiscal a grandes empresas que obteñen importantes beneficios, un incremento que apenas notaran as devanditas empresas pero que axudará de maneira importante a equilibrar a economía do Concello.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “podemos fomentar a creación de emprego sen reducir ningún servizo municipal, solo é necesario vontade política, nos a temos falta saber si a ten o Goberno municipal”.

 

César Santiso, demandou diálogo ao Goberno local para negociar as achegas  presentadas, “aínda que o Goberno do PP non o fixo na modificación inicial das ordenanzas fiscais, agora ten unha formidábel oportunidade para aplicar medidas a prol da creación de emprego local aceptando as nosas alegacións, esperemos que o grupo de Goberno teña a vontade de dialogo necesaria para asumir unhas propostas que sen dúbida son beneficiosas para a cidadanía en xeral e para as persoas desempregadas en particular”.

Relacionados