Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2012.- O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda quere manifestar publicamente o seu rexeitamento fronte ao anuncio dun ERE por parte de Cementos Cosmos que afectará a 60 traballadores e que deixaría a única cementeira que opera en Galicia ao borde do peche xa que quedaría únicamente con 14 empregados entre os que se atopan os directivos.
Desde Alternativa Galega de Esquerda faise unha chamada a mobilización contundente de toda a comarca para evitar estos despedimentos e o peche da cementeira. Así mesmo, esixen a implicación da Xunta de Galicia neste novo anuncio de perda de postos de emprego no noso país apostando pola recuperación e posta en funcionamento de elementos produtivos e acabando con estas decisións empresariais que supoñen a pena de morte da comarca e son froito da permisividade da Xunta coa deslocalización e a reforma laboral.