ERE na consellería de traballo

AGE acusa a Feijoo de mentir ao dicir que estaba obrigado a reducir salarios para non despedir e agora anuncia un ERE encuberto en Traballo.

Destacou o feito de que mentres a uns os van a despedir a outros lles garanten o posto de traballo como e o caso dunha persoa cun vínculo de carácter consanguíneo co presidente da Xunta

Santiago de Compostela, 15 febrerio de 2013.- O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda acusa ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, de mentir en campaña e en sede parlamentaria cando afirmou que estaba obrigado a reducir os salarios aos traballadores da Xunta de Galicia para evitar despedimentos e agora non só lles baixa o soldo senón que anuncia que si haberá despedimentos na consellería de Traballo.

Juan Manuel Fajardo, destaca que a falta de apoio do PP as enmendas presentadas polo seu grupo condena ao noso país ao desemprego xa que, segundo os datos da propia consellería, o ano pasado só se executou o 15 por cento do orzamento para programas de promoción de emprego, o que implica que este ano cunha importante redución económica na realidade se traducirá a desaparición deste tipo de programas. Así mesmo, o deputado de AGE destacou o feito de que mentres por unha banda se están a anunciar despedimentos na consellería de Traballo, por outra se lle garante o posto de traballo a unha persoa con vínculo de carácter consanguíneo co presidente da Xunta.

Desde o grupo parlamentar de AGE denuncian que o PP non só é incapaz de xestionar o problema do desemprego no noso país senón que toman decisións directas que a agravan aínda máis a situación. “Para saír da crise actual o único camiño é aumentar a capacidade económica dos galegos e galegas, xusto o contrario do que está a facer o PP” afirmou Fajardo quen lamentou que no PP estean “máis preocupados por limpar o esterco nas sedes do partido que en buscar solucións ao problema do desemprego”.

Relacionados