Escándalo Reganosa

Resposta que pon en evidencia a complicidade e subordinación que o ministerio expresa en relación cos intereses dun grupo empresarial privado que incumpre de xeito flagrante a  propia legalidade vixente.

Javier Galán  cualifica como complicidade a dun goberno que deixa facer a Reganosa e con elo pon en risco a vida e seguridade  de todas e todos nós, e a  riqueza da nosa ría, que se atopa nunha situación desacougante co atraso dos investimentos necesarios para acadar o seu saneamento.

José Luis Centella, deputado de IU, rexistrara unha pregunta parlamentaria  o 14 de xuño deste ano encol dos efectos que ía ter no Ministerio a sentenza firme do Tribunal Supremo declarando a nulidade da modificación puntual do plan xeral de Mugardos, a coartada empregada noutrora para permitir a instalación da planta de gas no interior da ría.

Agora ben, o Goberno do Estado  confirma no último parágrafo da resposta de 9 de outubro ao noso grupo parlamentario no Congreso – escudándose en que se atopaba en estado de tramitación outra proposta de modificación puntual –  que no adoptará medida ningunha para velar pola legalidade. Trátase de aplicar unha versión descarnada do deixar facer da economía liberal sobre as vidas da cidadanía de Ferrolterra e sobre a riqueza natural da ría, poboación e ría que restan reducidas a meros elementos  económicos de usar e tirar.

Esquerda Unida segue a traballar no Congreso para conquerir a apertura dunha comisión de investigación que permita clarexar e perseguir o complezo de ilegalidades e irregularidades que percorren a instalación e posta en funcionamento da planta de gas de Reganosa. Imos a continuar na rúa e no Congreso un traballo constante de fiscalización das irregularidade e ilegalidades desta planta de gas.

 

Relacionados