Escola infantil de Eirís

Esquerda Unida esixe o inmediato arranxo da escola infantil de Eirís que se atopa nun estado lamentable tan so dous anos despois da súa inauguración. Situación totalmente inaceptable polo que se debe esixir a empresa construtora a súa reparación sen custe para as arcas públicas, porque o edificio presenta importantes desperfectos que obrigaron a pechar un aula da escola por mor de goteiras. Segundo denuncian nais e pais da escola, dende fai meses o corredor que leva ás aulas atópase cheo de goteiras, algunha con grandes buracos polos que cae a auga. Tanto é así que o teito da lavandería caeuse e temen está un aula pechada. Xa que logo esiximos que se proceda ao inmediato arranxo

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, que levará o tema ao parlamento galego a través do grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, demanda o desenvolvemento urxente das medidas oportunas para garantir a seguridade dos rapaces e a calidade da atención. Pois non cabe dúbida que na situación actual os rapaces están a ser sometidos a riscos innecesarios, non so de desprendementos de teitos por mor das humidades senón que, como os propios e nais denuncian, a propia instalación eléctrica constitúe un perigo debido as devanditas humidades, incluso a alarma de incendios está desconectada.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “manter aos rapaces nesta situación é unha inconsciencia. É triste que neste pais teña que ocorrer unha desgraza para que os poderes públicos actúen. Semella que o máis sensato é pechar a escola e desenvolver as reparacións de urxencia, o mesmo que se fixo a semana pasada no centro de día que comparte edificio coa gardería, onde os anciáns foron desaloxados por deficiencias construtivas similares ás da escola infantil ao ter filtracións o tellado.

 

 

Relacionados