Escola infantil Esteiro

 

Temos que lamentar e denunciar as dilacións que vén sufrindo a escola infantil por parte das dúas administracións, concello e Xunta, dado que o compromiso para conquerila data de abril de 2008, cando se asinou un protocolo de colaboración estable entre a Xunta e o  concello que prevía entre outras cuestións a dotación dunha escola infantil en Esteiro. Pasou máis dun ano e medio e non foron quen de concretar o espazo sobre o que se vai erguer a escola.

O noso Grupo Municipal reclama do Goberno Municipal que se ceda con urxencia un espazo público no barrio que permita á Xunta de Galicia poder acometer as obras para crear a escola infantil.

Mais o noso Grupo Municipal quere reclamar a necesidade de que a Xunta comprometa e faga efectivo o financiamento para esta dotación educativa, toda vez que nos orzamentos de 2010 non se contempla unha partida orzamentaria para este equipamento.

O noso Grupo lembra que os investimentos en políticas educativas públicas son fundamentais para garantir unha educación de calidade como a que demanda a nosa cidadanía.

Relacionados