O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que apesares de que so un de cada seis rapaces coruñeses pode acceder a unha praza nas Escolas Infantís Municipais, non se incorporen novos educadores. Efectivamente, a alarmante falla de prazas de gardería municipais aboca cada ano a miles de familias a buscar garderías privadas ao esgotarse as prazas nos centros públicos do municipio. Dos 6000 coruñeses de 0 a 3 anos, o 14,6% terán unha praza na rede pública de gardería, un dato que queda moi afastado do reto que se marcaron os países da Unión Europea no 2002, de que as garderías públicas atendesen ao 33% dos nenos, e que debería terse acadado hai tres anos.
Esquerda Unida propón un plan para que todos os barrios dispoñan de garderías públicas e centros de día, no que se faga unha análise da situación actual e se de prioridade na implantación nas barrios que teñan peores rateos na procura de acadar equidade territorial, algo que na actualidade non está a acontecer, como podemos observar na enorme demanda social deste servizo en barrios como Elviña, Birloque, Monte Alto, Os Rosales. Así por exemplo a AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros demanda unha gardería infantil para atender as necesidades do barrio dado que unicamente existe unha que é privada, ao mesmo tempo que reclaman un centro de día para o barrio.
Aínda que EU defende a creación de garderías públicas e centros de día en cada barrio pero aposta porque se priorize la reconversión de espazos públicos baleiros que poderían utilizarse para afrontar esta problemática, incluso unificando centros de día e EIM, evitando así incorrer nun gran gasto, máis aló do correspondente a creación de emprego al aumentar o cadro de persoal de educadores e dar satisfacción a necesidade social. Se os nosos nenos e maiores non están ben atendidos é imposible que unha cidade funcione social e economicamente
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “As Escolas Infantís Municipais, ademais de constituírse nunha ferramenta pública de conciliación da vida familiar e laboral, actúan como elementos de cohesión social permitindo o acceso a unha alimentación digna aos rapaces das familias máis necesitadas. Con todo non é sómente que a demanda directa de garderías municipais cuadriplique a oferta, é que só un de cada seis nenos pode optar a unha praza”.