Escombreira en Penamoa

O desmantelamento do poboado chabolista e a rexeneración da zona, foi unha grande nova e unha luz de esperanza para a veciñanza do Ventorrillo, mais como avisamos dende EU, non é a solución definitiva do problema.

Esquerda Unida denuncia unha escombreira en Penamoa e un camiño cortado que pode dificultar a actuación dos equipos de emerxencias diante dun incendio. Co paso do tempo e a falta de uso da zona, pouco a pouco están a repetirse actividades delictivas que si non se poñen coto, volveran a devastar a zona e a castigar a unha veciñanza que ten sufrido moito.

Especialmente grave son as pedras que cortan o camiño de Penamoa a Bens, a altura dos depósitos xusto ao cruzar a ponte da 3ª rolda, no caso de que responda a unha actuación municipal queda claro, co vertedoiro incontrolado, que a actuación non cumpriu a súa función. En todo caso esiximos a súa inmediata retirada porque en caso de incendio no monte que queda cortado e ten unha grande diversidade arbórea impediría o paso dos camións de bombeiros.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes que presentará unha batería de preguntas plenarias lembra que xa avisou meses atrás de que esta situación podería producirse debido a deixar a zona sen uso. Concretamente:

– É coñecedor o goberno municipal do vertedoiro que existe en Penamoa?

– Que actuacións ten pensado desenvolver o goberno municipal para eliminar o vertedoiro incontrolado e en que prazo de tempo?

– É coñecedor o goberno municipal que o camiño de Penamoa a Bens está cortado á altura dos depósitos xusto ao cruzar a ponte da 3ª rolda, con pedras de grande tamaño que impiden o paso de vehículos de emerxencias en caso de incendio?

– Que actuacións ten pensado desenvolver o goberno municipal para restablecer o paso no camiño de Penamoa a Bens e en que prazo de tempo?

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “insistimos na necesidade de darlle un uso social aos terreos: apostamos pola creación de hortas urbanas, un parque natural de lecer con rutas de sendeirismo e un aparcadoiro disuasorio ao carón da 3ª rolda. A veciñanza do Ventorrillo merécense estas actuación o concello ten unha débeda histórica con eles.

Relacionados