Escurantismo financieiro

de que Facenda reterá a totalidade dos fondos de outubro, 315.000 euros, que lle corresponden ao Concello de Ponteareas da participación dos ingresos do estado.

Son inauditas ás declaracións nas que manifestan ignorar se entregaron en prazo a liquidación de contas correspondente ao ano 2011. Como tamén a afirmación textual de que “non son reais” saldos debedores que o propio concello tivo en conta á hora de presentar o plan de axuste ao goberno central e que contribuíron a que este plan fora rexeitado.

Todo isto amosa o absoluto despiste do goberno municipal de Ponteareas en mans do PP. Este é o resultado do costume dos gobernos da dereita que levan durante décadas instalados no concello de Ponteareas de non dar contas a ninguén. Agora, e como resultado da crise económica, cando dende o goberno central se lles esixe dar contas, isto supón unha novidade para o goberno municipal.

A desastrosa xestión dos gobernos da dereita en Ponteareas levaron ao concello a esta situación ruinosa da que parece non haber responsables e o actual goberno municipal vai dando tumbos sen saber cara onde ir. Iso si, as contas municipais seguen sendo inaccesibles para os veciños.

Dende Esquerda Unida reiteramos a nosa esixencia de transparencia nas contas municipais como primeiro paso para loitar contra unha xestión como mínimo “inadecuada”.

O que dende Esquerda Unida fariamos de inmediato sería:

1.         Elaboración duns orzamentos participativos. Isto leva consigo:

a. Colgar as contas municipais na web municipal para que todos poidamos velas facilmente.

b. Aprobar un Plan de Servizos municipal  debatido participativamente.

c. Aprobar anualmente a RPT, Relación de Postos de Traballo, de acordo cos sindicatos.  Esta RPT deberá estar acorde co Plan de Servizos e adaptar  os soldos ó desempeño real e responsabilidade.

d. Reestruturación  do cadro de persoal, para afrontar a remunicipalización de servizos.

e. Plan de formación do persoal para optimizar a calidade dos servizos.

f. Realizar as contratacións de persoal e concursos oposición de acceso legalmente e de acordo co plan de servizos aprobado.

2.         Moratoria de pago de débedas a calquera entidade bancaria.

3.         Remunicipalizar tódolos servizos privatizados: recollida do lixo, xestión da auga, etc.

4.         Austeridade extrema en gastos suntuarios.

 

Relacionados