Esiximos á Consellería de Educación que inste ao Ministro á retirada do decreto de Reválidas

A área de Educación de Esquerda Unida considera como “un éxito histórico” a folga educativa deste xoves 26 de outubro que conseguiu baleirar as aulas e sumou centos de miles de estudantes e pais e nais de alumnos manifestándose en todo o Estado. A área de Educación considera así mesmo un éxito a convocatoria en Galicia onde estima unha participación de máis dun 90% entre o alumnado de medias, un seguimento importante na etapa de Educación Primaria e unha importantísima mobilización de alumnado e familias ao longo da xeografía galega.

Para a área de Educación de Esquerda Unida, a contundente resposta de rexeitamento da comunidade educativa ás Reválidas esixe a inmediata derrogación do Decreto 310/2016 (aprobado por un goberno en funcións), polo que insta ao conselleiro de Educación a que se sume á reivindicación do resto de Conselleiros autonómicos que avogan por un gran acordo das Comunidades Autónomas, rexeitando a proposta de Real Decreto do Goberno e pedindo a derrogación inmediata do mesmo.

Chamamento á afondar na unidade de acción

EU insiste no chamamento ás organizacións sindicais e ANPAS a profundizar na unidade das convocatorias e mobilizacións, convencida do efecto multiplicador da mesma e como elemento esencial para deter e reverter as políticas neoliberais e retrógradas do PP.

Reafirmación na derrogación da LOMCE, o decreto 3 +2 e a reversión dos recortes

Dentro dunha situación na que o PSOE ven de comprometer o seu apoio á investidura de Mariano Rajoy este fin de semana, e ante a incerteza de cal será a liña política do mesmo unha vez que está a facilitar o goberno do PP, a Área de Educación de EU quere hoxe explicitar a reafirmación no seu compromiso pola derrogación da LOMCE, do decreto 3+2 e da reversión dos recortes no sistema educativo público galego.

Relacionados