España vai ben

Tal redistribución, como xa temos denunciado, incrementou a brecha salarial, e unha maior desigualdade social, actualmente a máis alta de Europa.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que pequeno  incremento das exportacións e da competitividade empresarial foi conseguido grazas ao abaratamento do despido e os custes laborais. A mellora da competitividade é froito da suma entre produtividade e da redución de salarios, pero NADA ten que ver coa moderación  das marxes de beneficios empresariais, situación esta que foi denunciada incluso polo propio Fondo Monetario Internacional, quen no outono pasado deixaba constancia de que os prezos das exportacións non só non baixaran moito, se non que incluso subiron, por riba da media europea dende o ano 2010, segundo os datos do INE, chegando incluso a superar en setembro de 2012 a Alemaña.

Esquerda Unida pregúntalle ao PP, se España vai ben, ¿por que non lle vai tan ben aos que aquí viven? A resposta é moi clara: Ángel Laborda, Director de Coxuntura da Fundación de Caixas de Aforro, FUNCAS sinala que o custo laboral por hora traballada logrou retroceder a niveis anteriores á entrada no Euro. O Banco de España engade que os soldos son aínda máis pequenos do que sinalan as estatísticas, polo que é comprensible que a destrución de emprego se cebase naqueles segmentos máis desprotexidos. O goberno da nación, que debería ter impulsado medidas para evitar estes efectos tan perniciosos sobre os máis débiles, só pediu paciencia e máis paciencia, mirando cara a outro lado cando toda unha serie de organismos nacionais e internacionais daban a voz de alarma. O PP debera saber que cando hai que tomar decisións que prexudican aos máis débiles é necesario arbitrar medidas que axuden a que este efectos perversos se vexan mitigados. Unha cousa é solicitar sacrificios en aras do benestar e da competitividade futura, e outra moi diferente o é que algúns teñan que se deixar o pel no intento. Agora a solución do Sr. Montoro pasa por lle baixar os impostos aos que antes NON os pagaban: moi intelixente!

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou que “isto é unha grande estafa, mentres todos estamos a nos apertar a cintura, as empresas do IBEX non deixan de incrementar os seu beneficios. A esixencia de sacrificios para todos deixa de ter sentido cando os únicos beneficiados son as grandes empresas do país, que coa escusa da crise da que en boa medida son responsables, se sumaron a aplicar medidas de austeridade aos traballadores, pero non para os seus conselleiros e altos executivos ni para o reducido grupo de propietarios”.

 

Relacionados