Esquerda Unida A Coruña, esixe que a peonalización vaia acompañada de acordos para áreas de estacionamento público gratuíto disuasorio

A veciñanza do Ágora denuncia novamente o abandono do aparcadoiro libre habilitado polo Concello en 2016. Onde proliferan, por desleixo das autoridades municipais, residuos e vehículos en situación de abandono evidente.

A Coordinadora de EU da Coruña reclama mantemento dos aparcadoiros gratuítos e aplicación da Ordenanza Municipal de Circulación de Vehículos para axilizar a retirada de coches abandonados. A pesar das 300 denuncias sobre autos abandonados xestionadas o pasado ano polo 092, nas escasas zonas de aparcadoiro libre dispoñibles as queixas veciñais aumentaron nos últimos meses nunha situación que se dilata no tempo. Sendo especialmente desesperante a situación do Ágora, EU recorda neste senso que a apreciación racional de abandono é causa suficiente para o traslado inmediato ao Depósito Municipal e que as queixas veciñais deberan de ser atendidas inmediatamente así como garantir o correcto mantemento destes espazos.

Esquerda Unida esixe que a peonalización vaia acompañada de acordos para áreas de estacionamento público gratuíto disuasorio. O escaso aparcamento gratuíto resta atractivo para os visitantes que quererían pasar o día na cidade pero acoden a outras poboacións do área que lles ofrecen este servizo de balde. Na Coruña non son poucos os solares e terreos baldíos que poderían habilitarse para este uso público chegando a acordos de cesión temporal con administracións como defensa (Maestranza) ou negociando arrendamentos simbólicos con particulares coa exención do pago das contribucións (Ventorrillo). Unha política realizada con moito éxito en poboacións como Verín, que multiplicaron este tipo de equipamento en zonas que permiten desfrutar da poboación a pe e desconxestionaron o centro multiplicando o atractivo da vila (1.300 novas prazas en un ano para unha vila de 14.000 habitantes).

A coordinadora de EU da Coruña, Carmen Armada, afirma que “Coruña ten que dar opcións de aparcamento gratuíto para ser o referente en ocio e cultura ou perder atractivo polas dificultades de acceso para os visitantes.

 

Relacionados