Esquerda Unida a través do seu responsable no Porriño, Pedro Ocampo, presentou no 2018 unha petición de investigación no Parlamento Europeo, que se debatirá o mércores 28 de outubro, sobre a presenza de lindano no Porriño e as consecuencias que esto supón para a saúde e o medioambiente.
Esquerda Unida leva anos denunciando o problema derivado da contaminación por Lindano no Porriño cuestión que é extensible a outros territorios dada a utilización deste como pesticida agrícola e sanitario durante anos. Actualmente está prohibido e considerado un tóxico persistente, moi volátil e bioacumulativo ademais de canceríxeno en seres humanos.
A esta petición que se debatirá a vindeira semana, adheríronse Ecologistas en Acción e plataformas afectadas pola presenza de lindano nos seus territorios como son Aragón (zona afectada de Sabiñánigo) e Euskadi (zona afectada da conca do baixo Nervión-Ibaizabal e Gardelegi en Vitoria)
O debate terá lugar este mércores 28 de outubro e comparecerán conxuntamente os representantes dos diferentes territorio. Por Galicia intervirá Pedro Ocampo.
Neste enlace podedes consultar a petición https://cutt.ly/OgvSbzA