O medo do Partido Popular a perder o goberno de Galicia, leva a que Núñez Feijóo non queira rematar a lexislatura. Tras máis dunha década de destrución de dereitos sociais en Galicia, Feijóo deixa un país empobrecido e con menos recursos públicos.
A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla manifestou que “ tras tres lexislaturas de recortes laborais, sociais e de servizos públicos, quedou patente o pasado domingo que a xente xa non aguanta máis esta situación” vimos como en Compostela “ o pobo saíu, 50.000 persoas saíron á rúa en defensa da sanidade pública, o mesmo pobo que impediu que se pechase o paridoiro de Verín”.
“A pelexa das familias, e do persoal público é o que teme o Partido Popular, que ante a posibilidade de perder o goberno, prefire antepoñer os intereses do partido e convocar estas eleccións” di Eva Solla.
“Esquerda Unida afronta este proceso electoral , preparada, con forza e con ilusión. Estamos certas que esa candidatura de confluencia que adiantaremos nas vindeiras semanas e que estamos a traballar co resto de forzas da esquerda alternativa, vai ser absolutamente decisiva para que a dereita perda dunha vez por todas o goberno da nosa comunidade autónoma e se comecen a facer políticas sociais para a maioría e que loiten contra a perda de dereitos da clase traballadora que sufrimos nestas tres lexislaturas” di a coordinadora nacional.