Esquerda Unida ante os asasinatos na fronteira Turca

O membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE Xabier Ron denuncia que “o homicidio de persoas refuxiadas, entre elas menores, por parte de Turquía coa complicidade da UE representa o ASASINATO DA DEMOCRACIA”. Ademais, Esquerda Unida esixe a depuración de responsabilidades políticas e penais tanto turcas como europeas por crimes contra a humanidade.

“Se se confirman as informacións extraídas polo Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos sobre os asasinatos indiscriminados cometidos pola policía turca, e dados a coñecer esta tarde, reafirmamos que este é un acordo criminal e esiximos non só o seu final, senón tamén a depuración de responsabilidades políticas e penais por crimes contra a Humanidade”, remata o deputado.

Relacionados