Esquerda Unida apoia a #AlertaFeminista para esixir máis recursos contra a violencia machista

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, súmase á campaña #AlertaFeminista en Compostela, que esixe aumentar en 120 millóns de euros a asignación orzamentaria (Orzamentos Xerais do Estado 2017) designada á igualdade e á loita contra a violencia machista.

No acto, levado a cabo pola Plataforma Feminista Galega, que remata hoxe ás 20.30 horas, tamén participa Loreto Taibo e Raquel Bernárdez, membros da executiva nacional de Esquerda Unida.

Esquerda Unida apoia a convocatoria a nivel estatal co lema «Alerta feminista» para esixir máis recursos na loita contra a violencia machista.  Neste senso, esiximos aumentar a dotación económica, minguada nos orzamentos estatais, e a creación de Xulgados especializados para loitar mellor contra unha violencia que nos está a matar. #QuerémonosVivas #NinUnhaMenos

Relacionados