Esquerda Unida apoia a campaña do Foro de Inmigración #StopDeportacións

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa do Foro Galego de Inmigración para presentar a campaña: “CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA” en A Coruña, unha campaña que se seguirá ata finais de maio dende as redes sociais co hagstag: #STOPDEPORTACIÓNS.

No acto, participaron diferentes representantes do Foro Galego de Inmigración, entre eles, Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE, quen esixiu “o cesamento inmediato dos voos de deportacións forzadas de persoas estranxeiras” e recordou “a súa total oposición ás deportacións express”.

No último bienio, as compañías Air Europa e Swift  Air, do Grupo Globalia,  participaron nunha práctica que é unha clara violación dos dereitos humanos, “polo que insistimos na urxencia de acabar con estas operacións humillantes de deportación masiva e insistimos en que se garantan, dunha vez por todas, os dereitos das persoas migrantes”, sinalou o deputado.

Neste senso, Ron lembrou que “o Ministerio  do  Interior  pretende  continuar  a   atentar  contra  os dereitos  humanos  e  vulnerar  as  normas  de  dereito  internacional con cartos públicos. Exactamente, este ano regalou un total de  11,8 millóns que serviron para alimentar un negocio baseado en prácticas ilegais e ilexítimas”, rematou.

Relacionados