Esquerda Unida apoia a folga convocada en defensa dun ensino público presencial con seguridade

Ás portas dun inicio escolar marcado pola pandemia da Covid-19 e marcado tamén pola inacción dun goberno galego que se define incompetente tamén en materia educativa, Esquerda Unida manifesta o seu apoio ás mobilizacións e folgas convocadas pola comunidade educativa e sindicatos co obxectivo de defender un ensino público presencial con seguridade e con recursos humanos e materiais que permitan que así sexa.

Tras cinco meses de pandemia a Consellería de educación elaborou un protocolo para o inicio do curso escolar de forma unilateral sen escoitar á comunidade educativa e que non contempla os criterios sanitarios mínimos recomendados para minimizar o risco de contaxio pola Covid19.

Unha vez máis o goberno de Feijóo non quere investir en educación, non quere ampliar o cadro persoal docente e non docente para facer fronte a un curso escolar que require de medidas protocolarias esixentes que a mesma Consellería recoñece, polo tanto este goberno manifesta que non quere investir na saúde das nenas e nenos, nin da comunidade educativa e por extensión da sociedade galega.

Por todo isto Esquerda Unida apoia as mobilizacións e folgas convocadas pola comunidade educativa fronte á irresponsabilidade dun goberno incompetente.

Relacionados