Esquerda Unida apoia a manifestación do naval do vindeiro domingo 13 de decembro

  • A manifestación servirá para esixir unha vez máis compromisos políticos co sector.
  • Esta manifestación está convocada polos Comités de Empresa de Navantia e Delegados/as da Industria Auxiliar, tera lugar este domingo 13, e sairá do Inferniño ás 12.00 horas, se pedirá que se poña en práctica unha política de estabilidade para o sector.
 
O sector naval é estratéxico en Galicia, e supón “un elemento de vida e a morte para Ferrolterra”. Así o deixou claro a coordinadora nacional de Esquerda Unida e candidata de En Marea, Yolanda Díaz, na súa visita esta semana ás instalacións de Navantia, onde se reuniu cos representantes do Comité de Empresa. “Ferrolterra precisa dun sector naval forte, que xere máis emprego”, exisiu Díaz.
 
No relativo a nova carga de traballo anunciada polo Goberno galego, Yolanda Díaz asegurou que é totalmente insuficiente. É por iso que dende Esquerda Unida consideramos necesario garantir nova carga de traballo estable e suficiente para recuperar como mínimo o emprego destruído.
 
A equipa de traballadoras principal de Navantia atópase en subocupación, e apenas hai emprego nas auxiliares (nas que non se están a cumprir os acordos de condicións de traballo asinados a comezos do 2000). Daquela armada mexicana dos máis de vinte navíos anunciados apenas houbo dous floteis e o anuncio do terceiro. Hai que lembrar que co estrangulamento do naval público se perderon máis de 2.000 postos de traballo nas auxiliares do estaleiro e outros dous mil indirectos na comarca, onde os datos de desemprego e pobreza alarmantes.
 
A elaboración do plan industrial acordado coa representación sindical dos traballadores e acabar coa táctica de adiar esta negociación para logo das eleccións son algunhas das prioridades. Súmanse a estas o desenvolvemento con recursos materiais e humanos do centro investigador que asocie os estaleiros coa investivación e a Universidade aproveitando o CIS da Cabana. “Navantia ten que achegar un esforzo para incorporar valor engadido na construción naval” defendeu Díaz.

Relacionados