Esquerda Unida súmase ao Paro Mundial de Mulleres contra a violencia machista, convocado para este vindeiro mércores 8 de marzo, entre as 12 e as 12:30 horas, promovido polo colectivo feminista arxentino “Ni una menos”, e que xa se espallou en 49 países de Latinoamérica e Europa. Este paro mundial xurde como resposta á violencia social, legal, política, moral e verbal que experimentan hoxe en día as mulleres e este ano leva o lema común: “a solidariedade é a nosa arma”.
Dende Esquerda Unida consideramos que a presión exercida dende a rúa, a mobilización e a sensibilización da sociedade contra a violencia machista son factores imprescindibles para conseguir avances claros na loita feminista. Por iso, entendemos que o feminismo é o alicerce fundamental da transformación social, xa que para acadarmos unha sociedade xusta e sen desigualdades, a transversalidade de xénero debe impregnar todos os aspectos esenciais da nosa vida.
Por todo isto, este 8 de marzo, ademais de apoiar o paro mundial, chamamos á participación masiva nas diferentes manifestacións convocadas polas Plataformas Feministas e os Movementos Feministas a prol da defensa da loita feminista e contra a violencia machista.
MANIFESTO 8 MARZO 2017. DÍA DA MULLER
Máis información sobre o Paro Mundial de Mulleres (PIM)


![Esquerda Unida súmase á Folga Feminista do 8 de Marzo [Manifesto]](https://esquerdaunida.org/wp-content/uploads/2019/03/Cartel-EU-8M-e1552302575980-150x150.png)





