Esquerda Unida apoia os actos que terán lugar esta tarde en Santiago de Compostela (Praza do Toural), en solidariedade coas presas e presos palestinos en folga de fame dende o pasado 17 de abril, e levados a cabo pola Asociación Galaico Árabe Jenin.
A partir das 18h. instalarase no Toural unha Haima Solidaria polas persoas palestinas presas en folga de fame.
A continuación, ás 20:30h. terá lugar unha concentración, tamén na praza do Toural, pola mesma causa.
De 18:00 a 20:00 horas na PRAZA DO TOURAL (Compostela): Haima Solidaria.
Ás 20h. Concentración na PRAZA DO TOURAL (Compostela)
As presas e presos palestinos esixen a Israel o fin das penas en celas de illamento, a tortura, a neglixencia médica ou a detención administrativa, ademais de ter un acceso a educación, coidado médico e ampliar as visitas de familiares. Segundo datos da Axencia Efe, son ao redor de 850 prisioneiros (dos preto de 6.000 que hai en cárceres israelís) os que continúan a protesta, denominada “Pola Liberdade e a Dignidade”, unha cifra que as autoridades palestinas elevan a máis de 1.300.
Non faltedes!