Esquerda Unida califica a visita ao aeródromo de Rozas de protocolaria e aséptica

O grupo parlamentar de AGE, en compañía do eurodeputado de Izquierda Unida, Javier Couso, visitou as instalacións do aeródromo de Rozas para tratar de coñecer de primeira man a realidade sobre o proxecto anunciado pola Xunta de Galicia e tratar de despexar as dúbidas sobre o carácter civil ou militar que se está a facer das mesmas. Unhas dúbidas que non foron quen de clarexar tal e como destacou o deputado de AGE, Ramón Vázquez, que lamentou que despois de tres anos de espera a poder realizar esta visita e a multitude de información solicita polo o seu grupo sen ter resposta algunha por parte do Goberno galego, tras a visita se manteñen as incógnitas sobre as cuestión denunciadas por AGE. Desde xeito, durante a visita recoñeceuse a realización de probas con drones militares como denunciou o grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda e negou o Goberno galego, ao tempo que se recoñeceu igualmente que se trata dunhas instalacións de titularidade do Ministerio de Defensa para uso civil. Neste sentido, Alternativa galega de Esquerda reclamou que se reserve para uso exclusivamente civil como se comprometeu o propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no debate do Estado da Nación. “Hai polo menos unha fase do proxecto na que se enganou á cidadanía como foi cando se trasladou ao o rexemento militar de intelixencia a estas instalacións” denunciou o deputado Ramón Vázquez nas propias instalacións de Rozas durante a visita.

O eurodeputado de Izquierda Unida, Javier Couso, que acompañou aos deputados de Alternativa Galega de Esquerda na visita agradeceu que se lle permitira acudir a “unha visita que dende un primeiro momento se lle negara”. “Dende Europa non temos problema para acceder a este tipo de visitas, aínda que dende aquí parece que foi diferente”, dixo. En palabras de Couso, “seguimos mantendo as mesmas dúbidas, se Rozas é de titularidade militar ou se está a empregar para dotar ao exército do aire dun vehículo aéreo non tripulado. Eu mañá trasladarei estas dúbidas á Comisión de Peticións, en Bruselas, para que decida se ten que investigar ou non o que pasa aquí. En resumo, a nosa idea é construtiva e queremos saber si se está a empregar diñeiro público para unha instalación que pode ser militar”, sinalou.

O subdirector xeral de experimentación do Inta, Bartolomé Marqués recoñeceu que nun dos drones probados en Rozas, o Atlante, descoñecía que usos previstos e futuros tiñan para este modelo desenvolvido neste aeródromo. Pero a realidade é que forma parte do plan director do exercito do aire, enmarcándose dentro da súa aposta polos modelos da clase II, os drones tácticos. Por este motivo, AGE esixe “a aqueles organismos que traballen en Rozas se preocupen evidentemente se unha multinacional do armamento como é Cassidian integrada en Airbus Defence proba os seus artefactos aquí debe de velar de que sexan de uso civil se é o compromiso como semella ser”.

Así mesmo, o grupo parlamentar defendeu a necesidade de clarexar todo o relativo ao posible conflito de intereses na contratación da empresa Indra xa que o subdirector xeral de experimentación de Inta, Bartolomé Marqués, é polo tanto traballador dun organismo do Ministerio de Defensa, e “cando a Xunta de Galicia pon a esta persoa nun órgano asesor dunha mesa de contratación hai claro un conflito de intereses cando se contrata a Indra, depende organicamente do Ministerio de Defensa e de titularidade pública ao ser o Sepi o accionista maioritario”.

O deputado de AGE, Ramón Vázquez, destacou en último lugar, non entender que é o que está a suceder ou que se intenta agochar tras esta contratación xa que “pese a estar anunciada para o mes de abril, o feito é que estamos a piques de comezar o mes de xuño e nada se sabe deste contrato”.

Relacionados