🎥 A Coruña acolle a 70ª Homenaxe aos guerrilleiros Gayoso e Seoane

Este domingo 11 de novembro o Partido Comunista de Galicia (PCG) celebrou a 70ª Homenaxe aos guerrilleiros José Gómez Gayoso e Antonio Seoane, no cemiterio civil de San Amaro, na Coruña.

O acto contou coa presenza de Alberto Vilariño, secretario Político do PCG da Coruña; Miguel García, secretario da Xuventude Comunista da Coruña, Manuel Peña-Rey, Presidente de Honra do PCG e Eva Solla, secretaria Xeral do PCG.

José Gómez Gayoso e Antonio Seoane foron militantes comunistas recoñecidos pola súa loita, coherencia e compromiso cos ideais da liberdade, da igualdade e a loita contra o fascismo. No ano 1946 foron detidos pola policía do réxime franquista e finalmente foron asasinados a garrote vil no cárcere provincial da Coruña.

Ver vídeo-resumo do acto dende aquí:

 

Relacionados