Esquerda Unida celebra este sábado 3 de xuño a súa XII Asemblea Nacional

Este sábado 3 de xuño, Esquerda Unida celebra a súa XII Asemblea Nacional, co lema “A Forza das Ideas”. O evento terá lugar en Santiago de Compostela, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía (rúa Xosé María Suárez Núñez. Campus Vida/ Antigo Campus Sur).

Neste momento seguimos a traballar nun proxecto aberto e democrático, nun camiño no que a participación da afiliación e das e dos simpatizantes é fundamental para avanzarmos colectivamente. Dende o comenzo desta andaina, podíase participar no debate dos documentos e facer as achegas oportunas, así como avalar, vía on-line ou presencial, as candidaturas que se presentaran.

Coñece máis sobre a XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida.

Ver vídeo

Relacionados