🎥 Esquerda Unida celebra o 25 de Xullo en Mugardos apostando pola defensa do municipalismo para construír República

Esquerda Unida celebra en Mugardos o Día de Galicia, 25 de Xullo, un acto político e lúdico que leva por título: “Defender o municipalismo rebelde para construír República”, que conta coa participación da  alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez,  o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla ou o membro da dirección de Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, entre outros.

Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos, foi a encargada de presentar o acto, mencionando a importancia de dedicar este día “ao traballo que se fai nos municipios, onde se comeza a construír a República, tamén a comunidade, e onde tamén se comeza a construír dereitos sociais para termos unha vida mellor”. A alcaldesa de Mugardos agradeceu a Esquerda Unida que tivera de novo, como opción, “a idea de celebrar aquí un acto que reivindica a importancia de seguir a pular pola República na que cremos”.

Jorge Suárez, alcalde de Ferrol, remarcou de novo “a importancia de seguir a pular polos dereitos dun país; e facelo, dende posturas e palabras que semellan hoxe proscritas, como o republicanismo, a loita de clases, ou o dereito dos pobos a defenderse das agresións. Hoxe temos unha organización máis forte que nunca no institucional e tamén na militancia. Ver tanta xente hoxe debe encher de orgullo a todos os que loitaron no ámbito político e sindical para que hoxe poidamos estar aquí e seguir a pular pola creación de República, coa que finalmente venceremos”, remarcou.

Pola súa banda, Carlos Portomeñe, incidiu na importancia do traballo das compañeiras e compañeiros dende os concellos, “están facendo un traballo moi bo: foros pasado, como Prieto Balsa, homenaxeado no ano pasado, presente e querendo ser futuro, aínda que asumindo moitos retos, como o fascismo que se abre camiño e percorre Europa”.

Na súa intervención, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, remarcou a importancia e a ledicia de xuntarnos todas un ano máis, un 25 de Xullo en Mugardos, para compartir un día de festa e reivindicación coas compañeiras e compañeiros. “A día de hoxe os concellos do cambio e rebeldes (constantemente atacados e estrangulados) son fundamentais para ter unha saída aos problemas da cidadanía e básicos para a contribución do cambio histórico. Por iso compre resaltar o traballo posto en marcha polas compañeiras e compañeiros dende o ano 2015, por esa aposta por reclamar o papel dos concellos dentro do modelo que defendemos”. Finalmente, Eva Solla deu traslado o manifesto de Esquerda Unida que facía fincapé na construción, dende a Esquerda, do modelo que defendemos de República Federal democrática.

Ver o vídeo dende aquí

Relacionados