Esquerda Unida celebra o Día da Clase Obreira Galega cun chamamento á unidade da clase traballadora [Manifesto]

De novo, un ano máis, unha mestura de rabia e esperanza convócanos ante o monumento de Recimil, que lembra o acontecido o 10 de marzo de 1972. Xa pasaron 47 anos, mais tan só 13 desde que é oficialmente Día da Clase Obreira Galega. Unha demostración clara de como negocia coa memoria antifranquista este noso país.

Amador Rey e Daniel Niebla terían preferido vernos a toda a clase traballadora na rúa, manifestándonos de forma unitaria, exercendo os nosos dereitos. De seguro que lograríamos que o Ditador e os actuais herdeiros se retorcesen de dor. De forma curiosa, algunhas das reivindicacións daqueles días de febreiro e marzo de 1972 seguen plenamente vixentes hoxe: termos unha xornada de 8 horas, non termos que realizar horas extraordinarias; pedirmos un salario digno.

Segue a ler o manifesto dende aquí:

MANIFESTO 10 DE MARZO 2019. DIA CLASE OBREIRA

 

Relacionados