Esquerda Unida considera inadmisible e inaceptable o cambio de pustura do presidente do goberno, Pedro Sánchez, respecto ao Sahara occidental

Esquerda Unida demanda o cumprimento da resolución 690 do 29 de abril de 1991 e que recoñece o dereito do pobo saharauí á súa autodeterminación. Todo o que non pase polo cumprimento do mandato de Nacións Unidas, é por tanto perpetuar a ocupación ilegal do Sahara por Marrocos e amparar a un réxime que ocupa e viola sistematicamente os dereitos humanos da poboación e territorio saharauí.

Esquerda Unida considera por tanto inadmisible o cambio de postura do presidente do goberno, Pedro Sánchez, que ampara a anexión do Sahara polo reino de Marrocos, contravindo así o dereito internacional.

Ademais o feito que un cambio de postura sobre un tema tan importante como este se produza con nocturnidade e a través dunha carta enviada polo presidente Sánchez ao rei Mohamed VI e que o coñecemento desta misiva se de por parte de Marrocos é totalmente insultante.

Esquerda Unida por tanto, demanda que se siga traballando pola única postura posible, respecto ao Sahara occidental e que non é outra que cumprir co dereito internacional e traballar coa ONU na elaboración dun referendo de autodeterminación para o pobo saharauí.

Relacionados