Esquerda Unida cualifica como “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para a cidade de Vigo

A coordinadora nacional de Esquerda Unida Eva Solla xunto con Rubén Pérez, concelleiro de Vigo e secretario de organización de EU veñen de valorar en rolda de prensa o impacto que supoñen os orzamentos da Xunta de Galicia para a cidade olívica.

“Queremos facer unha valoración do impacto negativo que ten a falta de oportunidade e as políticas erróneas da Xunta de Galicia que fronte á posibilidade de elaborar uns orzamentos expansivos coa adicación de moitos máis recursos ante dada a modificación da regla fiscal que permite unha maior inversión, a Xunta de Galicia prioriza o pago da débeda” afirma Rubén Pérez.

“O impacto económico e social duns orzamentos pouco acordes coa situación derivada da pandemia, terán efectos negativos na cidadanía, así a hostalaría continua coas mobilizacións ante a ausencia das axudas planteadas” di Rubén Pérez. “Vigo reúne a maior porcentaxe de demandantes de vivenda de protección, así como tamén de solicitantes de axudas económicas como Risga ou Ingreso Mínimo Vital, estas inversións que a Xunta de Galicia non contempla nas contas autonómicas, nos obriga a estar vixiantes cuestións que nos levan a estar vixiantes ante prevista mobilización de fondos tanto europeos como estatais para que estes si estean dedicados a melloras as condicións de vida das viguesas e vigueses”.

Eva Solla cualifica estes orzamentos de “decepcionantes sobre todo neste momento no que se está a debater a reconstrución do país que ademais se esta a debater no Parlamento e que no vai ter ningún tipo de utilidade xa que as súas consecuencias van chegar despois de ter aprobados os orzamentos”.

“Dos 1600 M de euros nos que se incrementan as contas autonómicas para este 2021, máis de 1100 M se corresponden con fondos estatais e europeos, dos que destes últimos descoñecemos cando se percibirán, polo que está contía queda supeditada ao cobro destes fondos” di Eva Solla.

“Ante esta situación a Xunta lonxe de incrementar os seus ingresos para reforzar os servizos públicos, emprego, e industria decide manter “vacacións fiscais” coa baixa carga impositiva ás grandes fortunas renunciando a 472M de euros” prefire endebedarse en troques de xerar novos ingresos.

A contas autonómicas contan con 1574M de euros dedicados ao pago de Xuros e débeda atrasada, polo que a inversión para este 2021 é practicamente a mesma que a Xunta de Galicia dedica a pagar intereses, polos que o investimento é nulo.

Os importes dedicados a Risga nestes orzamentos, son os mesmos que outros anos, a pesar de que as necesidades evidentemente son maiores dada a situación provocada pola crise sanitaria.

A sanidade e a atención social son as máis prexudicadas nestes orzamentos. En Vigo, Esquerda Unida leva anos reclamando a construción dunha residencia de maiores pública e un centro de día, cuestións que un ano máis carecen de partida orzamentaria.

“O que si contempla a Xunta é o incremento en 2M de euros o coste dos concertos coa sanidade privada en Vigo. Ano tras ano se incrementa o pago do Hospital Álvaro Cunqueiro o que supón unha “sangría” de 30M euros anuais ao que se suma o pago da súa construción que para esta anualidade supón 42M de euros máis” di Eva Solla.

Fronte a este pago de concertos e de intereses, nin o MARCO, nin o conservatorio de música, nin o instituto de secundaria de Navia, nin construción nin rehabilitación de vivenda pública, nin tan sequera da rehabilitación das vivendas e edificios do casco vello, entran dentro das previsións da Xunta de Galicia para dotar de servizos á cidadanía.

Por todo isto, Esquerda Unida cualifica os orzamentos autonómicos de continuistas para un momento excepcional, que non dan resposta ás necesidades reais de Galicia e de todo o conxunto da cidadanía.

Relacionados